miércoles, 7 de diciembre de 2016

LECTURAS

TITULO: Fontan
AUTOR: Marcos Calveiro
EDITORIAL: Galaxia

Neste trimestre un achegámonos a vida e obra de Domingo Fontán coa lectura libro de Marcos Calveiro sobre a súa vida. Na duas reunións que fixemos participamos 12 alumnas, 2 alumnos (desta vez polo menos animouse algún) e o profesor. Ao longo das e dúas sesións comentamos o libro, aclaramos as nosas dúbidas, aproveitamos as opinións e interpretacións dos outros  para ampliar a mellorar a nosa lectura e puidemos poñer en relación o que alí se nos contaba co que estudamos en clase. Estas son as opinións sobre o libro dalgunhas das lectoras


Fontán é unha novela biográfica e histórica que ten como protagonista un ilustrado galego, o matemático e topógrafo Domingo Fontán (1788-1866), autor do primeiro mapa  topográfico e científico de Galicia.
Nesta novela cóntase a vida do protagonista desde o seu nacemento en Porta do Conde ata a súa morte no balneario de Cuntis. Relátanse momentos da súa infancia, de estudante en Compostela, de deputado en Cortes, de liberal que loitou polo progreso e polo espallamento das ideas da Ilustración no noso país, e do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo no que a ciencia comeza a abrirse camiño fronte á sociedade do Antigo Réxime.
No libro hai unha grande documentación histórica do século XIX: a loita contra os franceses, a represión liberal, a loita do absolutismo contra a modernización do país..., un período entre o reinado de Carlos IV e o isabelino, é dicir, o paso do Antigo ao Novo Réxime.
Fontán paréceme un bo libro para mergullarnos na historia, xa que imos vivindo co protagonista cada intre, cada sensación e cada acontecer do seu tempo. O estilo, o léxico e a súa amenidade creo que son idóneos para recomendar a súa lectura tanto a rapaces como a adultos. Animádevos a lelo!

Sara Campos González  2º BAC



          É un libro que me parece que está moi ben para a xente que lle guste a historia e queira profundizar máis nela. Marcos Calveiro, a través do protagonista,conta a historia de España dende o comezo do liberalismo nela (17089) ata o comezo do Bienio Progresista (1866) ou sexa dende o nacemento de Fontán ata a súa morte.
          Con el aprendes dunha forma máis amena a historia de España e daste conta de que como a xente desa época vivíu esas etapas de desequilibrio político. Por outro lado aprendes un personaxe moi importante para a historia de Galicia, que é Domingo Fontán (ou eso me pasou s min) o cal fixo o primeiro mapa de Galicia.
          Unha das cousas que non me gustou foi que salta da época adulta de Fontán a época da súa nenez, polo que a veces me custou entender ben algúns capítulos.
          Un dato importante para aquela xente que queira ler este libro é que antes de nada ten que ter un pouco de coñecemento histórico para poder seguir a obra,xa que,se non é así, é difícil de lelo e entendelo.

Esther Pérez, 2º BAC


Este é un libro de Marcos Calveiro, no que se conta a historia de Domingo Fontán, que foi o primeiro en facer un mapa topográfico de Galicia.
Este  libro non me desgustou pero tampouco me encantou. É un libro que precisa ter unha serie de coñecementos sobre a historia de España no século XIX, xa que neste aparecen feitos da historia española que non se entenderían sen o previo estudo da materia.
Gustoume a maneira de engadir feitos históricos no libro xa que non o fai directamente, senón que se ven a través da vida do protagonista. Este libro tamén che axuda a comprender a situación na cal se atopaba España século XIX e permíteche ampliar os teus coñecementos sobre a época.
Por outro lado, máis ben no principio non me gustou a maneira de contar a historia, xa que salta moitas veces de tema e da lugar a confusións na lectura. Un exemplo sería o número de fillos que ten Fontán, no libro adiantase a os feitos e conta antes os fillos que ten e máis tarde cóntase en maior detalle isto. Este dato levoume a confusión xa que eu entendera que tiña 8 fillos pero en realidade tivo 7.
En resumo foi un libro que me axudou a ver mellor o que estudara, polo que é recomendable lelo pero precisa unha lectura pausada, xa que nalgúns casos como o que citei anteriormente, pódete levar a engano. Foi un libro que en xeral me gustou.

Márgarita Vidal

Esta obra biográfica presenta a vida e legado de Domingo Fontán, xeógrafo galego cuxa principal aportación á sociedade foi a elaboración e promulgación do primeiro mapa de Galicia no século XIX.
          A obra representa fielmente a realidade sociopolítica que viven Galicia e España durante finais do século XVIII e boa parte do XIX. A fin do reinado de Carlos IV, as idas e vidas de Fernando VI e do absolutismo do poder e o inicio da futura consolidación do sistema liberal xogan un papel importante na vida de Fontán, liberal confeso que verá peligrar o seu traballo como catedrático e as súas facilidades para proseguir o que para el é un obxectivo vital, ademais dun importante servizo á sociedade, por mor da súa ideoloxía e da súa intelectualidade.
          Mediante esta lectura o autor non só nos permite coñecer ao gran xeógrafo que foi Fontán, senón a súa enorme cultura e formación en contraste coa ignorancia que, segundo o personaxe, invade as universidades da época (ademais de ser un gran científico e matemático tamén estuda Dereito)  e tamén o seu peculiar e pouco amigable carácter.
          É unha obra que reflexa unha ardua documentación por parte do autor e que, ademais de contido biográfico, leva explícita unha extensa mostra da situación política vivida na nosa comunidade e no resto e España no século XIX. Aínda que pode non resultar unha lectura tan entretida como unha novela, é un bo medio de coñecemento dunha importante parte da historia con gran detalle e contraste político, social e cultural.

Eva Fernández Paderne – 2º Bac

Trátase dunha novela histórica escrita por Marcos Calveiro. O seu persoaxe principal é Domingo Fontán que fixo o primeiro mapa topográfico de Galicia.
Esta novela relata acontecementos da vida de Fontán dende a súa infancia. Estudou en Santiago de Compostela e foi una das persoas que defendeu e loitou polo progreso das ideas da Ilustración.
No libro aparecen sucesos do século XIX como o paso do Antigo Réxime ao Novo ou  a represión dos liberais. Nesta época aparecen persoas importantes como Carlos IV ou Isabel II.
Na miña opinión para poder comprender este libro tes que ter una idea dunha parte da historia do século XIX. É una maneira diferente de aprender mediante un libro de lectura e non por un libro de texto ou apuntes, recomendo a súa lectura para alumnos do bacharelato e adultos.
 Tania Campello

 Esta obra é unha novela biográfica, na cal se nos presenta a vida de Domingo Fotán, que foi o primeiro en facer un mapa topográfico de Galicia.
Persoalmente, agradoume a lectura deste libro, xa que a través do relato da vida do gran xeógrafo Fontán, cóntanos como era a época na cal vivía e os numerosos acontecementos que ocorrían en España durante o século XIX. Para poder entender o que nos conta este autor hai que ter un coñecemento previo da materia, e do mesmo xeito isto permitiunos repasar boa parte da materia dunha forma máis amena. A través da súa historia tamén aprendes os numerosos desequilibrios que houbo na España da época e tamén o grande atraso tecnolóxico.
O que menos me gustou do libro foi o comezo, xa que a historia non era demasiado lineal e iso, descolocounos un pouco a todos e provocou unha lectura menos levadeira. Pola outra banda, aínda que Fontán foi una peza clave para Galicia, non me gustou a súa actitude, en xeral prepotente, e o trato que lle da á súa muller,
En xeral foi un libro agradable de ler, que paga a pena a súa lectura e recoméndollo ao resto dos meus compañeiros.


Ismael Ferreio Rodríguez
2ºBAC

sábado, 26 de noviembre de 2016

LECTURAS

Título: As rulas de Bakunin
Autor: Antón Riveiro Coello
Editorial: Galaxia (6ª edición-2010)


“As rulas de Bakunin” é unha obra que recolle a esencia do momento sociopolítico vivido pola sociedade galega durante o século XX a través da traxectoria vital do seu protagonista, Camilo Sabio. Dende neno, Camilo foi un rapaz interesado polo mundo político e concienciado na loita polos dereitos do pobo; o seu principal modelo a seguir, o seu avó, é a referencia do que foi marchar ao exilio para tantos galegos e dun home comprometido coa causa de mellorar os dereitos e libedades dos seus semellantes. El, e máis tarde o seu neto, formarán parte desa poboación galega que buscou en Sudamérica a alternativa a unha vida chea de miserias e inxustizas sociais. Estevo Doldán, que así se chamaba seu avó, foi expulsado de Arxentina pola Lei de Residencia que lle impedía permanecer alí. Pese a isto, tivo o privilexio de gozar dunha educación libre en Bos Aires, o que lle permitiría ao seu neto poder ter unha formación cultural privilexiada con respecto ao que se ensinaba nas escolas da época.
Coa súa volta, o avó Estevo e a súa muller Cristal (personaxe que representa o rol de muller avanzada para o seu tempo: fumaba públicamente, non pisaba a Igrexa...) decidiron levar unha vida independente dos tradicionalismos sociais que desvelou aos seus veciños o seu pensamento anarquista e ateo, inaceptable para a maioría; por esta conduta, tras a ditadura de Primo de Rivera serían acusados de revolucionarios polo sacerdote do pobo.
Para Camilo, a continua loita interior dos seus avós (para el a actitude da súa avoa é unha protesta cara os prexuízos sociais tradicionais e parécelle un acto de valentía digno de admirar) suponlle unha infancia aberta a ese mundo revolucionario e antisistema que eles lle amosan; herda o mesmo compromiso co ideal libertario e o progreso do seu avó e as súas ansias de formar parte da resistencia dos montes galegos durante a Guerra Civil custaranlle o ingreso no cárcere e posterior exilio en Uruguay.
Trátase dunha obra chea de reflexións acerca da ideoloxía anarquista do protagonista e de alusións ao momento histórico no que se desenvolve a acción. Considéroa apropiada e moi recomendable para todos os públicos; mostra unha realidade que os nosos pais, avós e bisavós viviron e unhas vivencias que os rapaces de hoxe vemos moi afastadas e sen ningunha repercusión nas nosas vidas, sen saber que o ocorrido hai cincuenta anos explica o por que do funcionamento actual da sociedade e as razóns polas que hoxe podemos considerarnos un país democrático.

Gracias a obras como esta temos a oportunidade de coñecer dende un punto de vista máis próximo e ameno os feitos políticos aos que alude constantemente e que tanto condicionaron a vida da sociedade española durante o século XX. Tendo un certo coñecemento de causa e referencias tanto da propia familia como doutros medios a comprensión da obra é moito máis sinxela; o autor preséntanos a situación que nos levou á actualidade dende unha perspectiva cercana e íntima, de xeito que os lectores podemos aproximarnos á idiosincrasia dos personaxes e empatizar con eles.


                                                          Eva Fernández Paderne – 2º Bacharelato          

lunes, 4 de abril de 2016

DITADURA FRANQUISTA ANOS 50



Fragmentos de "Memoria de España" producida por TVE
Contesta ás preguntas

v  Que feitos marcan o fin do illamento internacional de España?
v  Por que cres que Estados Unidos firma os tratados con España?Que consecuencias económicas e políticas teñen para o réximen?
v  Que cambios económicos se producen nos anos 50?
v  Que cambios políticos? Cres que afectan as características fundamentaisda dictadura?
v  Que é o Valle dos Caídos? Que significado ten? 

martes, 29 de marzo de 2016

DITADURA FRANQUISTA: ANOS 40





Fragmentos de "Memoria de España" producida por TVE

Despois de ver os vídeos responde ás preguntas

OS PILARES DO FRANQUISMO
v  Cales son segundo os vídeos os piares do Franquismo? Cres que falta algún?
v  Que papel xoga a Igrexa na Ditadura? Que obten a cambio?
v  Que funcións  e actividades tiña a Falanxe? Que é o  “Movemento Nacional”?

REPRESION E  CONTROL
v  Que medidas utiliza o réximen para manterse no poder?
v  Cal foi o destino de moitos dos vencidos na Guerra?
v  Cantos presos hai a inicia dos anos 40? Cantos fusilados?
v  Por que cres que diminue a cantidade de presos na segunda metade dos anos 40?
v  Ademais da represión que outros medios usa o réximen para controlar a poboación?

RESISTENCIA
v  Que formas de resistencia destacan nos anos 40?

SITUACIÓN INTERNACIONAL
v  Que posturas adopta o réximen durante a Segunda Guerra Mundial? Por que cres ti que cambian?
v  Por que cres ti que España non entra na guerra?
v  Que foi a división Azul?
v  Que consecuencias ten a postura de apoio a Alemaña para España unha vez rematada a Segunda Guerra Mundial?
v  Como reccionou o Réximen?

viernes, 11 de marzo de 2016

LECTURAS

LUCES DE BOHEMIA, VALLE-INCLÁN

Luces de bohemia presenta un triple hilo argumental. El argumento superficial, el más evidente, es el que desarrolla la historia de las últimas horas de la vida del poeta ciego Max Estrella. Horas que transcurren en un vagabundeo por la noche madrileña al final del cual el poeta muere miserablemente en la calle. Desaparecido Max Estrella, la acción se prolonga a través de su velatorio; una conversación en el cementerio entre Rubén Darío y el Marqués de Bradomín; y la última escena en la taberna de Pica Lagartos. Paralelamente se desarrollan otros dos argumentos. Por un lado, la huelga de proletarios de la cual tenemos noticia a través de referencias no directas: ruidos, voces, alusiones informativas… Este argumento permanece latente hasta la escena undécima (madre abrazando al hijo) donde aflora y confluye con el argumento principal. Por otro lado está la detención y la muerte del preso anarquista catalán. 
Al principio nos presentan al protagonista (Max Estrella), a su mujer y a su hija y en el ambiente de pobreza en el que viven. Max Estrella es un escritor, aunque no muy reconocido, ya que apenas le pagan por sus obras. Se quedó ciego, es muy anciano y tiene constantes alucinaciones. Siempre está acompañado por Don Latino, persona que le ayuda a publicar sus obras.
La verdad es que de este libro me llamó la atención la hija de Max, que se llamaba Claudinita. Aunque no hablo prácticamente nada, me pareció importante porque creo que es el personaje más realista. Para ella la realidad es mucho más que el arte. Además es ella la que se da cuenta de que Don Latino es malo y avaricioso ya que, aunque no lo comenté antes, éste le robó la cartera y el cupón a Max poco antes de morir y luego lo fue a cobrar. Ella es la que acusa a Don Latino de haber matado a su padre.
El otro personaje que me gustó fue Don Latino porque es la persona que mejor define el esperpento de Valle-Inclán. Que me guste no quiere decir que no fuese desleal, ambicioso, canalla y una persona sin dignidad.  Además, defiende las ideas comunistas de Lenin (como se ve en la escena II) pero es incapaz de indignarse ante la injusticia social como cuando la madre perdía a su hijo llamándole “verdulera” o diciendo: “está haciendo teatro”.
Me quedo con dos momentos. El primero es la escena en la que Max va a la cárcel y conoce allí a un obrero barcelonés, que acabó asesinado, que organizara un motín en su fábrica para reivindicar sus derechos (escena VI) Y el otro momento es la muerte de un pobre e inocente niño, que se vio en medio de una huelga ante el egoísmo de un comerciante al que sólo le importaba que los cristales de su tienda estaban rotos (escena XI)
A mí sinceramente me gustó mucho este libro, eso sí, es un libro para personas que ya estudiaron y controlan de historia y literatura porque si yo ahora no sabía quienes eran unos personajes históricos que aludía la obra, hace unos años no sabía ni quién era Lenin, ni Rubén Darío, ni nadie. Eso sí, para personas de más de 16 años es más que recomendable. 

Además creo que es una de las muchas obras que es importante leer.

ICÍAR VILLAR SÁNCHEZ

 En este enlace puedes acceder l texto, con un estudio, guia de lectura, glosario....



Neste enñace podes ver a adaptación teatral

martes, 8 de marzo de 2016

AUTARQUÍA E RACIONAMENTO


Despois de ver o vídeo contesta ás preguntas:


 

Fragmento de "Memoria de España" producida por TVE

·         Que é o racionamento? En que situacións  recurrese habitualmente a este sistema de control? Cando se aplica en españa?  Por que se fai? Cando remata?

·         Que é o estraperlo? Por que se produce? A quen cres que beneficiaba? Cres que nunha ditadura era posible sen certa compicidade das autoridades?

·         A que culpe o Réxime a falta de alimentos? Que outras circustancias cres ti que poideron cntribuír a esa escasez?

·         Que é a “Autarquia”? cres que era un proxecto realista? Que dificultades tiñaEspaña para lograla?

·         Candose recupera o nvel de vida anterior a Guerra civil? Canto tempo pasou dende o final da Guerra? Por que cres ti que se tardou tanto?




sábado, 5 de marzo de 2016

LECTURAS

Los girasoles ciegos, Alberto Méndez

Galardonado a título póstumo con el Premio Nacional de Narrativa (España) 2005 por Los girasoles ciegos, libro compuesto de cuatro relatos ambientados en la Guerra Civil Española. La obra, publicada a los 63 años, obtuvo también los premios Setenil y de la Crítica. El último relato del libro -el que le da nombre- fue llevado al cine en 2008 por José Luis Cuerda con guion de Rafael Azcona y del propio Cuerda.
Aunque no se dedicó a la literatura hasta sus últimos años, Méndez trabajó en estrecha relación con ella. Fue redactor en las editoriales Les Punxes y Montena, entre otras, y cofundador en los años sesenta de Ciencia Nueva, que fue cerrada por Manuel Fraga en 1969.
Su libro, Los girasoles ciegos, está basado en los años de la posguerra (1938-1941) y en él se narran un total de cuatro historias: primera derrota o si el corazón dejase de latir, en la que se narra la historia del capitán Alegría, perteneciente al bando franquista pero que, sin embargo, se entrega al bando republicano aunque sabía que al día siguiente los hombres de Franco tomarían por completo la ciudad madrileña; segunda derrota o manuscrito encontrado en el olvido, que narra la dura historia de una joven pareja y su hijo, la madre muere en el parto y él tiene que hacerse cargo de un recién nacido del que al principio piensa que era mejor que no hubiera seguido vivo aunque finalmente el padre acaba haciendo todo lo posible por sacarlo adelante aunque desafortunadamente no lo consigue; tercera derrota o el idioma de los muertos, en la que se da a conocer cómo era la vida en una prisión en los tiempo de la posguerra, en esta historia el protagonista intenta salvar su vida sacando provecho a su situación: había conocido al hijo del coronel que lo iba a juzgar. Gracias a esto comienza a contrale a él y a su mujer los actos heroicos que había llevado a cabo su hijo, pero eran todos falsos y cuando el preso se da cuenta de que no tiene un motivo para seguir allí intentando vivir y menos después de que mataran al único amigo que había hecho allí, les dice la verdad y acaba como la mayoría: fusilado.
Por último, la cuarta historia: cuarta derrota o los girasoles ciegos, esta última está narrada por tres personas: el hermano Salvador que se arrepiente de haber dejado llevarse por la belleza de una mujer que no hacía más que despertar su intriga, Lorenzo, que recuerda su infancia y el mismo Lorenzo pero contando la historia de cuando era pequeño como si estuviese sucediendo ahora. En esta parte se cuenta como el padre de Lorenzo vivía escondido en su casa pues estaba en contra del régimen y la única forma de salvarse era huir pero al no poder llevar su plan a cabo, su mujer decido esconderlo y decir a aquellos que pregunta por él que este ha muerto. Pero las ansias de saber del hermano Salvador harán que el secreto de la familia se descubra; este hecho terminará con el suicidio del padre ante los ojos del hermano Salvador, Lorenzo y su madre.
Cabe destacar que aunque el libro está dividido en cuatro historias, estas están relacionadas entre sí: el protagonista de la primera historia, el capitán Alegría, vuelve a aparecer en la tercera historia dado que no había muerto en el fusilamiento y cuando lo encontraron lo enviaron a la cárcel, justamente a la cárcel donde se encontraba Senra, el protagonista de la tercera historia. Por otro lado, la madre que fallece en la segunda historia es la hija mayor de Elena y Ricardo, los padres de Lorenzo. Y finalmente, la historia de Juan Senra también  se relaciona con la cuanta pues, Senra es hermano de Luis, el joven al que Lorenzo conoce en su infancia.
Todas las historias tratan, como ya he mencionado, el tema de la guerra civil y, en especial, el tema de la derrota visto desde distintos puntos de vista y hace una reflexión sobre cómo les afecta a los hombres la derrota.
Han sido dos los personajes que me han llamado la atención: el capitán Alegría pues pese a saber que su bando iba a ganar la guerra, él se entrega. No quería ganar una guerra, él no quería sentirse orgulloso de haber matado a otra gente y no veía ganadores solo derrotados. El otro personaje es la madre de Lorenzo dado que el esfuerzo que hace por sacar a su hijo adelante y mantener el gran secreto que ocultaban al igual que todo lo que hacía para poder llevar comida a casa es admirable.
De todo el libro, si tuviera que quedarme con algún momento, elegiría la tercera historia. No porque me haya gustado más o menos sino porque muestra perfectamente la dureza de la situación, lo que han tenido que pasar muchas familias que no tuvieron más remedio que huir para poder seguir viviendo; y la mayoría de ellos eran intelectuales, poetas o escritores que eran perseguidos no por sus actos sino por pensar como pensaban, por tener ideas diferentes y emprendedoras.
Por último decir que, en efecto el libro me ha ayudado a comprender mejor la historia de nuestro país en la posguerra, las dificultades y durezas que ha tenido que vivir mucha gente y como se hacían las cosas en aquella época.

Sí recomendaría este libro pues es fácil de entender, tal vez algo duro pero lo que narra es la realidad de eso años. A aquello que les guste la historia, les gustará este libro.
Raquel Hortas 2º BAC

viernes, 12 de febrero de 2016

EDUCACIÓN NA SEGUNDA REPÚBLICA I

¿Que obxectivos tiña  reforma educativa emprendida durante a Segunda República?
¿Que problemas tivo a súa aplicación?
¿Quen se opuso a esra reforma? Por que?

martes, 9 de febrero de 2016

DICTADURA DE PRIMO DE RIVERA

Neste vídeo tedes un resumo da Dictdura de Primo de Rivera
1.- La quiebra de la monarquía parlamentaria. (00:00 - 6:55)
2.- Desarrollo político y cambios económicos. (6:55 - 11:55)
3.- El final de la dictadura y de la monarquía. (11:55 - 18:42)