domingo, 17 de diciembre de 2017

jueves, 2 de noviembre de 2017

FORMACIÓN CLASE OBREIRA

Depois de ver o vídeo e ler os documentos do libro descrebe as condicións de vida e traballo das clases populares na España do século XIX


lunes, 16 de octubre de 2017

PRIMEIRA REPÚBLICA



¿Canto durou a Primeira República? ¿Cantos presidentes tivo?
Cales son as características máis destacadas do proxecto de constitución republicana?
¿Que foi a revolta cantonal? ¿Que pretendían? ¿Que consecuencias tivo para a República?
¿Cales foron os principais problemas da república?

¿Como acaba a República?

martes, 10 de octubre de 2017

REVOLUCIÓN 68



¿Onde se inicia a revolución? ¿è a primeira vez?
¿Que grupos políticos a  organizan e apoian? ¿Cómprese o acordado en Ostende?
¿que destacarías das elección a cortes Constituíntes?

Sinala as principais características da nova constitución

lunes, 9 de octubre de 2017

ULTIMOS ANOS DO REINADO



  • ¿Que grupos políticos gobernan entre 1856 e 1868? ¿A que grupos sociais representan?
  • ¿Que obxectivos tiñan as intervencións exteriores?
  •  ¿Como intentan chegar ao poder progresistas e demócratas? ¿Por que recorren a este método?
  • ¿Quen participa no Pacto de Ostende? (doc 31 libro) ¿A que acordos chegan?

viernes, 6 de octubre de 2017

BIENIO PROGRESISTA



  • ¿Quen inicia o pronunciamento que acaba coa década Moderada?
  • ¿Por que a raíña prefería aos moderados? ¿Por que acaba chamando aos progresistas para gobernar?
  •  ¿Cales son as reformas máis importantes desta etapa?
  • ¿Como remata o bienio?

miércoles, 4 de octubre de 2017

DÉCADA MODERADA





  •  ¿Como chegan ao poder os moderados? ¿Quen é o seu líder? ¿A que grupos sociais representan?
  • Sinala as principais características da Constitución de 1845 e destaca as diferencias coa do 37
  • ¿Que outras reformas realizan os moderados?
  •  ¿Que vantaxes ten o estado do concordato de 1851? ¿E a Igrexa?

lunes, 2 de octubre de 2017

DESAMORTIZACIÓN



   
·          
  
    Indica as diferencias entre as desamortizacións de Madoz e de Mendizabal: obxectivos, terras afectadas...
    Indica as consecuencias económicas e sociais das desamortizacións
·       Sinala os grupos sociais que sairon beneficiados e os perxudicados



domingo, 24 de septiembre de 2017

2 O GOBERNO DE XOSÉ BONAPARTE

  

 ¿Como chega xosé Bonaparte  ser rei de España?
 ¿De que constitución falao vídeo? ¿Trátase dunha constitución ou dunha carta outorgada? ¿cal é a diferencia?
 ¿Con que ideoloxía identificas o proxeto de Xosé Bonaparte?
·         ¿Cómo chamaron aos españois que apoiaron a Xosé I? ¿Por qué o fixeron?


martes, 19 de septiembre de 2017

GUERRA DE SUCESIÓN E DECRETOS DE NOVA PLANTA



  •  Sinala as causas da Guerra de Sucesión e indica quen forma cada bando
  •   ¿Cando acaba a guerra?¿ Como?
  •  Sinala que condicións ten que cumprir a monarquía española no tratado de Utrech. ¿Qué países saen beneficiado?
  •  ¿En que consisten os decretos de Nova Planta? ¿Onde se aplicaron? ¿Por que non afectaron ao Pais Vaso e Navarra?
  • Relaciona isto coa actualidade



domingo, 17 de septiembre de 2017

REXENCIAS



  •         ¿Por que a raiña ten que buscar o apoio dos liberáis? ¿Por que estes aceptan apoiala?
  •      Indica a diferencia entre unha Constitución e unha Carta Outorgada. ¿Con que categoría se corresponde mellor o estatuto Real?
  •          Indica que reforma das realizadas polo primeiro goberno de María Cristina tivo mais importancia
  •         ¿Cando chegan os progresistas ao poder? ¿Como? ¿Que fan?
  •         ¿Por que consideramos a Constitución de 1837 máis moderada que a de 1812. Compara ambas e sinala as diferencias principais
  •         ¿Por que a partir de 1840 aumentan os conflictos entre Moderdos e progresistas?
  •          ¿Por que fracasa a rexencia de Espartero?

sábado, 9 de septiembre de 2017

4 AS CORTES DE CADIZ


  • ¿Quen convoca as Cortes?
  •  Sinala que peculiaridade tiña a cidade de Cádiz e como pudo influír isto na composición e traballos da cortes
  •  ¿En que grupos se dividen o deputados de Cádiz? Sinala as suas principais diferencias. 
  •  ¿Cales son as primeiras reformas que aproban as Cortes? ¿As podemos considerar revolucionarias? ¿Por qué? ¿Cómo cres que recibiría o rei as noticias do que estaba a pasar en Cádiz?
  •  Busca información e indica as principais características da Constitución de Cádiz. ¿Con que ideoloxía as podemos indentificar?

lunes, 1 de mayo de 2017

A ESPAÑA DEMOCRÁTICA

Para repasar o último tema

 Vídeo subido por Marcos Álvarez del  IES Sánchez Lastra


1- Los Gobiernos de UCD. (00:00 - 10:12)
2- El Estado de las Autonomías. (10:02 - 12:05)
3- Los Gobiernos del PSOE. (
12:05 - 22:47)
4- Los Gobiernos del PP. (
22:47 - 31:38)

domingo, 30 de abril de 2017

LECTURAS

Título: O impostor

Autor: Javier Cercas

En El impostor Javier Cercas relátanos a vida de Enric Marco, un home que pasou a súa vida formando parte da maioría, pero que a súa obsesión coa fama e por ser recoñecido levouno a modificar a súa biografía por completo, incluídos detalles insignificantes.
Nesta reconstrución da vida de Enric Marco Batlle o autor somerxese nunha tarefa de investigación na que sofre numerosos altibaixos que lle producen dubidas sobre a publicación deste libro, aínda que finalmente Javier Cercas continúa e desenmascara e reconstrúe a vida deste metireiro compulsivo.
Antes de 2005 Enric Marco era o presidente da Amical de Mauthausen e formara parte da cúpula da CNT, como bon supervivente do Holocauste e obreiro anarquista que fora toda a súa vida. Vida na que estaba destinado a ser recordade de nacemento , xa que nacera o 14 de abril de 1921, 10 anos antes da proclamación da Segunda República. Este tamén loitara na Guerra Civil, fuxira a Francia como anarquista inimigo do Estado franquista que era e fora capturado en Alemaña onde o encerraron no campo de Flossenburg ata a súa liberación. Máis tarde volvería a España e pasaría o resto da súa vida loitando e atentando contra o réxime ditatorial de Franco e traballando como obreiro ata a súa xubilación, cando emprendería a súa carreira nas institucións, comezando por unha asociación de pais ata chegar a presidir a Amical de Mauthausen.
Dende o principio a súa historia está chea de mentiras, modificando incluso a data do seu nacemento para facela máis mítica. Parece ser que non minte na súa participación na Guerra Civil a pesar da súa curta idade (exceptuando a afirmación de participar en certas batallas), pero as falsidades chegarían coa súa fuxida a Francia. Enric Marco nunca fuxiu de España, senón que foi enviado por propia vontade como traballador voluntario á Alemaña Nazi, onde sería apresado, pero unicamente por un simple comentario sobre o III Reich un tanto desfavorable, non por atentar contra o Estado como el mesmo afirmaba. De volta a España vive como un obreiro máis pero sen entrar nas causa políticas, apartado de problemas coa ditadura ata que coa morte de Franco, inicia a súa relación con rapaces anarquistas ós que encandila con mentiras e coas súa labia e o seu coidado discurso que o encumbran co regreso da CNT. É neste momento cando empeza a pulir a historia da súa vida, con tal interese pola veracidade das “súas experiencias” que chega a estudar Historia para introducirse na Amical de Mauthausen como prisioneiro dun campo de concentración durante a Segunda Guerra Mundial e inicia unha viaxe na que propaga os seus coñecementos sobre os exterminios Nazis como algo vivido por el.
Foi no 2005 cando salta o escándalo de que todo fora mentira e foi nese momento cando todos desprezan a un home cuxa labor propagara a historia polas institucións e polos institutos.
Ao final deste libro Cercas consegue o que nunca ninguén conseguira, baixar a Marco de todas as súas mentiras e dando lugar a miña escena preferida de todo o libro. Este escena prodúcese durante unha das conversacións entre o propio Marco e o autor na súa investigación. Enric Marco contaba algunha das súas tantas historias falsas e o autor respondíalle cos feitos comprobados da súa investigación ata deixar ó pobre home ridiculizado e retratado como o que era, suplicándolle “Por favor, déixame algo”.
O libro en si, ao ser unha especie de biografía, só ten un personaxe, Enric Marco, e aínda que recoñezo que este home ten os seus méritos, por crear unha vida tan estudada que conseguise enganar a tantos durante tanto tempo e por difundir a historia que sufriron moitos outros (nunca él), pero non podo consideralo como o meu personaxe favorito pola súa ansia de fama chegar demasiado lonxe coas mentiras que parecía que el mesmo cría.
Aínda que non sexa un personaxe como tal, o meu personaxe favorito é o propio autor, a parte de porque sen el non habería libro, pola implicación que ten na historia e en descubrir toda da verdade e por narralo todo dende o seu punto de vista, non como narrador senón como escritor, algo inusual e atractivo para o lector.
Recomendo este libro a todos aqueles que non se asusten co número de páxinas e miren máis alá do tamaño do libro, xa que a historia deste home é o típico caso no que a realidade supera á ficción ou que a ficción supera á realidade. Para min foi un gran descubrimento xa non só pola historia en sí, senón tamén pola forma que ten o propio autor de introducir ó lector na investigación completa.


Sandra Calvo Rego  2º BAC

martes, 25 de abril de 2017

TRANSICIÓN




Fragmento de "Memoria de España" producida por TVE

1)   En que contexto socieconómico se produce a Tansición?

2)    Por quen foi proclamado Rei de España Juan Carlos?

3)    Os historiadores e os expertos non se poñen de acordo sobre os anos de duración da denominada transición democrática. Todos coinciden que esta nace tras a morte de Franco o 20 de novembro de 1975. Pero non queda clara cando remata. Vou indicar algunhas datas e teredes que deducir o que pasou: Sinala ti a que consideres máis axeitada
a.     finais de 1976 que lei se aprobou? Que supuxo?
b.    Xuño de 1977?
c.    decembro de 1978?
d.    outubro de 1982?

4)    ¿A quen nomea Juan Carlos I presidente do goberno despois da morte de Franco? ¿Que política sigue este primeiro goberno da monarquía? ¿Que pasa mentres nas rúas? ¿Como reaccionará o rei ao comezos de xullo de 1976?

5)    ¿Que é o novo presidente de goberno? ¿Que obxectivos ten o seu goberno? ¿A que dificultades tivo que facer fronte?

6)    Na transición democrática hai tres posturas: ruptura democrática, reforma democrática e inmobilismo. Poderías explicar en que consiste cada unha delas e que sectores ou partidos políticos defenden cada unha destas posturas?

7)  Quen foi Torcuato Fernández Miranda Santiago Carrillo e Felipe González? Sinala o papel que desempeñaron.

8)    Que foi a Lei para a Reforma Política? Cando se aprobou? Por que se di que as Cortes Franquistas fixéronse o haraquiri?

9)    ¿Que resultados teñen as primeiras eleccións? ¿Quen forma gobierno?

10) Destaca as principais caracterísitcas da Constitución de78 ( libro, presentación e minuto 13.40 do video do 29 de maio)

11) Que foron os Pactos da Moncloa? Quen e cando se aprobaron?

12) Para moitos a transición democrática española, a pesar das dificultades, foi modélica. Estarías de acordo? Que predominou a reforma ou a ruptura democrática?


lunes, 10 de abril de 2017

AGONÍA DO FRANQUISMO




1)    Indica os principais problemas do réxime nos últmos anos.
2)    Que foi a Marcha Verde?
3)    Quen era presidente do goberno no ano 1973? Por que o designou Franco?
4)    Como se denomina o atentado provocado no mes de decembro de 1973 contra ese presidente do goberno? Que grupo terrorista foi responsable? Consideras que este atentado debilitou o réxime? Razoa a resposta.
5)    Cal foi o sucesor na presidencia do goberno? Que política parece que va a aplicar, que política aplica realmente?
6)    Cal foi a resposta do franquismo ante o aumento da oposición armada?

lunes, 3 de abril de 2017

ANOS 60: OPOSICIÓN E REPRESIÓN



Fragmentos de "Memoria de España" producida por TVE

·     
¿Que novidades hai no movemento obreiro nos anos 60? ¿Por que cres que nestes anos hai máis folgas? ¿Trátase simplemente de conflitos laborais?
¿Cales son o outros focos importantes de oposición ao réxime?
¿Cal foi a posición da Igrexa respecto a ditadura? ¿Prodúcese algún cambio nestes anos? ¿Cres que foi xeral ou que había sectores da igrexa que mantiñan a súa posición tradicional?
¿Que diferencias hai entre o nacionalismo vasco e catalán?
¿Como reaccionou a ditadura ante o crecemento da oposición?


lunes, 27 de marzo de 2017

ANOS 60: CRECEMENTO ECONÓMICO E CAMBIOS SOCIAIS





Fragmentos de "Memoria de España" producida por TVE
¿Qué cambios económicos caracterizan os anos 60?
¿Afectaron do mesmo xeito a todos os grupos sociais? ¿Cales se beneficiaron menos destes cambios?
¿Por que se produce a emigración masiva cara ás cidades? ¿Qué consecuencias ten?
Valora a importancia do turismo dende o punto de vista social e económico
¿Que problemas tiña o crecemento dos anos 60?

jueves, 23 de marzo de 2017

LECTURAS

TÍTULO: Historia de una maestra
AUTORA: Josefina Aldecoa
A novela narra a historia de Gabriela, unha mestra que exerce en varios pobos rurais e mesmo en Guinea Ecuatorial, desde os anos vinte, pasando pola época da República ata os inicios da guerra civil.

Na primeira parte, Gabriela remata a súa carreira de Maxisterio en Oviedo no ano 1923, e o día que iso sucede ten lugar a voda de Francisco Franco, que acabaría marcando o seu destino e o dos demais españois. Seguidamente ten a súa primeira escola nun pobo da provincia de León. Despois de aprobar as oposicións en 1928, cando tivo a oportunidade de elixir un destino, escolleu o que ninguén quería: Guinea Ecuatorial, onde descobre un mundo diferente e no que ten que traballar nunhas circunstancias moi duras pero con grande entusiasmo, ademais alí coñece a Emile, un personaxe que deixará fonda pegada nela.

A segunda parte coincide co regreso de Gabriela á Península, despois de deixar Guinea por unha enfermidade. Xa casada con Ezequiel, outro mestre, e embarazada trasládanse a un pequeno pobo no que nacerá Juana, xusto o día no que se proclama a República, un periodo no que se fixo unha gran labor pola educación.

Na última parte, a familia deberá trasladarse novamente a un pobo mineiro no que o alcalde é republicano e mesmo darán clase aos adultos. Ao final, a revolución de Asturias de 1934 marcaría as súas vidas, xa que Ezequiel acabará ao lado dos insurrectos e comezarán as revoltas.

A autora, Josefina Aldecoa, pretende render homenaxe aos mestres da República que con tanto entusiasmo pretenderon educar a un país que estaba sumido na ignorancia e no que a Igrexa tiña moito mando. Esta obra é capaz de transportarnos aos anos 20 e 30 e facernos partícipes dos feitos históricos e políticos que sucederon durante esa época; ao mesmo tempo fainos admirar unha profesión na que persoas tan entregadas como Gabriela aman o seu traballo e son capaces de formar persoas xustas e libres. Un mestre con vocación é sempre unha persoa moi importante na vida dun alumno e que o vai marcar para o seu futuro.

Sara Campos 2º BAC

Historia de una maestra é unha obra que rinde homenaxe á labor de todos os mestres que participaron con ilusión e dedicación na reforma educativa que se intentou levar a cabo durante a II República.
A protagonista, Gabriela, é unha mestra recén graduada chea de ideais e proxectos que ve na súa profesión a marabillosa posibilidade de non só ensinar novos coñecementos, senón de educar persoas capaces de pensar e decidir por si mesmas e facer progresar a futura España.
Durante toda a obra os lectores somos partícipes da encomiable labor que levaron a cabo os mestres da República, que intentaron facer da liberdade e da igualdade dous principios fundamentais na educación. A coeducación, a educación laica ou o acceso á cultura para todos eran algúns dos principios nos que se baseaba o proxecto que querían levar a cabo a protagonista e varios dos personaxes cos que se cruza ao longo da obra, cada un representante dun estrato social afectado de distintas formas pola nova forma de goberno.
          O libro remata co estalido da Guerra Civil, feito que paralizará todas as reformas a prol da educación e a modernización de España que intentaron levarse a cabo durante a República, considerada unha etapa de esplendor a nivel cultural.
É unha obra moi recomendable, que nos fai darnos conta de canto se tivo que loitar para que hoxe unha educación de calidade sexa un dereito básico e accesible para todos.

Eva Fernández Paderne-2º BAC


lunes, 13 de febrero de 2017

LECTURAS

TÍTULO: Soldados de Salamina
AUTOR: Javier Cercas
EDITORIAL: Tusquets Editores

          Soldados de Salamina relata a historia dun personaxe importante da Falanxe, o poeta-escritor, Rafael Sánchez Mazas, que viviu o final da guerra un episodio un tanto peculiar, salvouse de ser fusilado polo bando republicano cerca da fronteira con Francia, en Cataluña, despois de pasar un tempo encerrado nun barco reconvertido en prisión. Tras salvarse grazas á misericordia dun dos milicianos, o cal lle permitiu fuxir, sobreviviu nos arredores de Banyoles grazas á familia Ferré e máis tarde grazas a tres soldados desertores do bando republicano que se escondían no mesmo lugar ca el. Sánchez Mazas non tardou en ser rescatado polo exército rebelde, e tras o final da guerra dedicouse á política, campo no que fracasou, aínda que acabou vivindo confortablemente como herdeiro dunha fortuna.

          Este libro está dividido en tres partes diferenciadas. Na primeira o autor, Javier Cercas, relata como coñeceu a historia grazas a unha entrevista co fillo do protagonista, e como grazas á colaboración de diferentes persoas reconstruíu a historia ao completo, entre esas persoas algúns dos que axudaron a sobrevivir a Sánchez Mazas.

          Na segunda parte é onde se relata a historia dende os inicios de Sánchez Mazas como falanxista seguidor de José Antonio Primo de Rivera ata o final da súa vida.

          Na terceira parte regresa Javier Cercas desconforme coa historia, encontrando un final colosal para o relato. Tras unha entrevista con Roberto Bolaño descobre a un excombatinte, coñecido do escritor, que loitou na Guerra Civil ou na Segunda Guerra Mundial. Este excombatinte resultou ser un dos que se encontraban custodiando aos presos no mesmo lugar no que Sánchez Mazas estivera recluído. Con esta parte Javier Cercas cambia totalmente o enfoque do libro, pasando de contar a historia dun falanxista e escritor  con moita sorte, a contar a historia de persoas como o excombatinte que loitaron en guerras que iniciaron personalidades como Sánchez Mazas e que sen ser coñecidas, sen ter esa fama permanecerían vivos en historias coma estas.

          Entre todas as personaxes que aparecen na novela, sen lugar a dubidas o que máis me fascinou foi Miralles, o excombatinte que lle dá ao escritor o final desexado para o libro. Miralles non é o que inicia a historia, nin o protagonista, pero é unha persoa que transformou totalmente a forma que tiña de ver as guerras e os participantes. Durante a entrevista que ten Javier Cercas co propio Miralles, relata os seus inicios na Guerra Civil con un grupo de rapaces da súa idade do mesmo lugar de orixe. Miralles conta como cada un deles foron morrendo sen chegar a vivir unha vida, e sen ser recordados por ninguén, excepto el, porque ao fin e ao cabo non tiñan a ninguén. Así Miralles sentíase culpable por vivir e non estar con eles, recordándoos cada día da súa existencia. Deste xeito Miralles fíxome preguntarme cantos máis haberá como ese grupo de rapaces que non aparecerán nin como cifra nos libros de historia?



Sandra Calvo 2º BAC

viernes, 20 de enero de 2017

LECTURAS

Título: Los girasoles ciegos.
Autor: Alberto Méndez.

“Los girasoles ciegos” é unha obra que reúne un total de catro historias enmarcadas entre o ano 1939 e o 1942. Todas elas narran de xeito moi realista catro situacións aparentemente inconexas de personaxes que sufriron en primeira persoa a forte represión da posguerra, aínda que co avance da lectura o lector comeza a relacionar datos que permiten coñecer a estreita relación entre os catro casos.
Este libro paréceme unha obra de gran calidade e maestría en canto á redación e capacidade de expresión de sentimentos e sensacións do autor. É capaz de narrar con luxo de detalles emocións e pensamentos que claramente invadiron a todos os que viviron a guerra, e que dende a actualidade podemos supoñer e intentar comprender (aínda que nunca conseguiremos saber con certeza o que foi vivir aquilo) pero que son moi difíciles de expresar sobre o papel.
Considero que se trata dun libro moi recomendable non só a nivel cultural polo tema que trata da nosa historia como país senón a nivel persoal e interior, polas realidades que pon de manifesto e que, por desgraza, hoxe moitas persoas viven aínda que non o sintamos como unha dor propia porque non nos afecta directamente.
É un libro non moi extenso pero si denso, que recomendo a todo aquel interesado por coñecer un pouco máis sobre a Guerra Civil e sobre a historia do noso país.
                                                 
          Eva Fernández Paderne – 2º Bacharelato