Mostrando entradas con la etiqueta Javies Cercas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Javies Cercas. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de abril de 2017

LECTURAS

Título: O impostor

Autor: Javier Cercas

En El impostor Javier Cercas relátanos a vida de Enric Marco, un home que pasou a súa vida formando parte da maioría, pero que a súa obsesión coa fama e por ser recoñecido levouno a modificar a súa biografía por completo, incluídos detalles insignificantes.
Nesta reconstrución da vida de Enric Marco Batlle o autor somerxese nunha tarefa de investigación na que sofre numerosos altibaixos que lle producen dubidas sobre a publicación deste libro, aínda que finalmente Javier Cercas continúa e desenmascara e reconstrúe a vida deste metireiro compulsivo.
Antes de 2005 Enric Marco era o presidente da Amical de Mauthausen e formara parte da cúpula da CNT, como bon supervivente do Holocauste e obreiro anarquista que fora toda a súa vida. Vida na que estaba destinado a ser recordade de nacemento , xa que nacera o 14 de abril de 1921, 10 anos antes da proclamación da Segunda República. Este tamén loitara na Guerra Civil, fuxira a Francia como anarquista inimigo do Estado franquista que era e fora capturado en Alemaña onde o encerraron no campo de Flossenburg ata a súa liberación. Máis tarde volvería a España e pasaría o resto da súa vida loitando e atentando contra o réxime ditatorial de Franco e traballando como obreiro ata a súa xubilación, cando emprendería a súa carreira nas institucións, comezando por unha asociación de pais ata chegar a presidir a Amical de Mauthausen.
Dende o principio a súa historia está chea de mentiras, modificando incluso a data do seu nacemento para facela máis mítica. Parece ser que non minte na súa participación na Guerra Civil a pesar da súa curta idade (exceptuando a afirmación de participar en certas batallas), pero as falsidades chegarían coa súa fuxida a Francia. Enric Marco nunca fuxiu de España, senón que foi enviado por propia vontade como traballador voluntario á Alemaña Nazi, onde sería apresado, pero unicamente por un simple comentario sobre o III Reich un tanto desfavorable, non por atentar contra o Estado como el mesmo afirmaba. De volta a España vive como un obreiro máis pero sen entrar nas causa políticas, apartado de problemas coa ditadura ata que coa morte de Franco, inicia a súa relación con rapaces anarquistas ós que encandila con mentiras e coas súa labia e o seu coidado discurso que o encumbran co regreso da CNT. É neste momento cando empeza a pulir a historia da súa vida, con tal interese pola veracidade das “súas experiencias” que chega a estudar Historia para introducirse na Amical de Mauthausen como prisioneiro dun campo de concentración durante a Segunda Guerra Mundial e inicia unha viaxe na que propaga os seus coñecementos sobre os exterminios Nazis como algo vivido por el.
Foi no 2005 cando salta o escándalo de que todo fora mentira e foi nese momento cando todos desprezan a un home cuxa labor propagara a historia polas institucións e polos institutos.
Ao final deste libro Cercas consegue o que nunca ninguén conseguira, baixar a Marco de todas as súas mentiras e dando lugar a miña escena preferida de todo o libro. Este escena prodúcese durante unha das conversacións entre o propio Marco e o autor na súa investigación. Enric Marco contaba algunha das súas tantas historias falsas e o autor respondíalle cos feitos comprobados da súa investigación ata deixar ó pobre home ridiculizado e retratado como o que era, suplicándolle “Por favor, déixame algo”.
O libro en si, ao ser unha especie de biografía, só ten un personaxe, Enric Marco, e aínda que recoñezo que este home ten os seus méritos, por crear unha vida tan estudada que conseguise enganar a tantos durante tanto tempo e por difundir a historia que sufriron moitos outros (nunca él), pero non podo consideralo como o meu personaxe favorito pola súa ansia de fama chegar demasiado lonxe coas mentiras que parecía que el mesmo cría.
Aínda que non sexa un personaxe como tal, o meu personaxe favorito é o propio autor, a parte de porque sen el non habería libro, pola implicación que ten na historia e en descubrir toda da verdade e por narralo todo dende o seu punto de vista, non como narrador senón como escritor, algo inusual e atractivo para o lector.
Recomendo este libro a todos aqueles que non se asusten co número de páxinas e miren máis alá do tamaño do libro, xa que a historia deste home é o típico caso no que a realidade supera á ficción ou que a ficción supera á realidade. Para min foi un gran descubrimento xa non só pola historia en sí, senón tamén pola forma que ten o propio autor de introducir ó lector na investigación completa.


Sandra Calvo Rego  2º BAC

lunes, 13 de febrero de 2017

LECTURAS

TÍTULO: Soldados de Salamina
AUTOR: Javier Cercas
EDITORIAL: Tusquets Editores

          Soldados de Salamina relata a historia dun personaxe importante da Falanxe, o poeta-escritor, Rafael Sánchez Mazas, que viviu o final da guerra un episodio un tanto peculiar, salvouse de ser fusilado polo bando republicano cerca da fronteira con Francia, en Cataluña, despois de pasar un tempo encerrado nun barco reconvertido en prisión. Tras salvarse grazas á misericordia dun dos milicianos, o cal lle permitiu fuxir, sobreviviu nos arredores de Banyoles grazas á familia Ferré e máis tarde grazas a tres soldados desertores do bando republicano que se escondían no mesmo lugar ca el. Sánchez Mazas non tardou en ser rescatado polo exército rebelde, e tras o final da guerra dedicouse á política, campo no que fracasou, aínda que acabou vivindo confortablemente como herdeiro dunha fortuna.

          Este libro está dividido en tres partes diferenciadas. Na primeira o autor, Javier Cercas, relata como coñeceu a historia grazas a unha entrevista co fillo do protagonista, e como grazas á colaboración de diferentes persoas reconstruíu a historia ao completo, entre esas persoas algúns dos que axudaron a sobrevivir a Sánchez Mazas.

          Na segunda parte é onde se relata a historia dende os inicios de Sánchez Mazas como falanxista seguidor de José Antonio Primo de Rivera ata o final da súa vida.

          Na terceira parte regresa Javier Cercas desconforme coa historia, encontrando un final colosal para o relato. Tras unha entrevista con Roberto Bolaño descobre a un excombatinte, coñecido do escritor, que loitou na Guerra Civil ou na Segunda Guerra Mundial. Este excombatinte resultou ser un dos que se encontraban custodiando aos presos no mesmo lugar no que Sánchez Mazas estivera recluído. Con esta parte Javier Cercas cambia totalmente o enfoque do libro, pasando de contar a historia dun falanxista e escritor  con moita sorte, a contar a historia de persoas como o excombatinte que loitaron en guerras que iniciaron personalidades como Sánchez Mazas e que sen ser coñecidas, sen ter esa fama permanecerían vivos en historias coma estas.

          Entre todas as personaxes que aparecen na novela, sen lugar a dubidas o que máis me fascinou foi Miralles, o excombatinte que lle dá ao escritor o final desexado para o libro. Miralles non é o que inicia a historia, nin o protagonista, pero é unha persoa que transformou totalmente a forma que tiña de ver as guerras e os participantes. Durante a entrevista que ten Javier Cercas co propio Miralles, relata os seus inicios na Guerra Civil con un grupo de rapaces da súa idade do mesmo lugar de orixe. Miralles conta como cada un deles foron morrendo sen chegar a vivir unha vida, e sen ser recordados por ninguén, excepto el, porque ao fin e ao cabo non tiñan a ninguén. Así Miralles sentíase culpable por vivir e non estar con eles, recordándoos cada día da súa existencia. Deste xeito Miralles fíxome preguntarme cantos máis haberá como ese grupo de rapaces que non aparecerán nin como cifra nos libros de historia?



Sandra Calvo 2º BAC