jueves, 23 de febrero de 2012

SEMANA TRÁXICA 1909



Fragmento da serie “Memoria de Espana”. 
Despois de ver as imaxes contesta ás preguntas
  • Cal é a causa da Semana Tráxica?
  • Quen son os reservistas? Por que a súa movilización provoca tantas protestas?
  • Por que cres que se queiman igrexas e conventos?
  • Fíxate na cifra de baixas? Que indica?
  • ¿Que consecuencias políticas tivo a Semana Tráxica?



  • ¿Que era a "Escuela Moderna"? ¿Que pretendía?
  • Por que cres que se culpou a Ferer i Guardia de polos feitos da semána tráxica?

jueves, 2 de febrero de 2012

A EXPLOTACIÓN DA CLASE OBREIRA

Despois de ver este fragmento da película DAENS dirixida por Stjin Coninx contesta ás preguntas


O TRABALLO NA FÁBRICA
  • De que é a fábrica que aparece na película?
  • Por que na fábrica traballan sobre todo mulleres e nenos?
  • Por que despiden a unha rapaza? Que lle pasa ó neno que a intenta axudar? Sabes si eso era frecuente nas fábricas da época?
  • Le a información sobre o traballo femenino que tes no libro na páxina   : cres que describen unhas condicións parecidas ás da fábrica?
A REUNIÓN
  • Quen son os homes que están nesa reunión? De que falan?
  • Que vantaxa ven eles en que traballen mulleres e nenos?
  • Que ideas propeñen para saír da crise?
  • Están todos de acordo ou hai algún que discrepe? Cales son os seus argumentos?
O ACCIDENTE
  • Por que cres que se produce o accidente?
  • Como reaccionan as obreiras?
  • Como cres que acabará a última escena?

jueves, 26 de enero de 2012

ESTAMPAS DA BURGUESÍA NO XIX


Despois de ves estes videos e de ler a información da páxina 174 do libro escribe, a modo de diario, unha xornada na vida dun burgés do século XIX. Escolle si es home ou muller, o traballo, a cidade na que vive, etc
Podes consultar
http://www.claseshistoria.com/movimientossociales/burguesia.htm

A CASA


O CASINO

Fragmento de la serie “La Regenta” de Fernando Méndez


COMIDA E NEGOCIOS

Fragmento da película "Germinal" de Albert Capellani

jueves, 19 de enero de 2012

ACTIVIDADES: O FERROCARRIL

 Depois de ver os videos contesta:
Que factores impulsaron a construción do ferrocarril?
Quen foron os principais inversores? Por que?
Que consecuencias tivo o desenvolvemento da rede ferroviaria? Foron as mesmas en toda España? Por que?




Subido por artehistoria.

martes, 17 de enero de 2012

A INDUSTRIA MODERNA


Despois de ver a imaxes contesta a estas preguntas
Como se chama o modelo de organización de traballo que ves nestas imaxes?
En que consistía?
Que consecuencias tivo para
         A producción?
         Os propietarios da industria?
         Os traballadores da industria?



Fragmento de Tiempos Modernos de Chaplin


jueves, 12 de enero de 2012

O TRABALLO NO CAMPO A FINAIS DO XIX

Contesta a estas preguntas
  • Que traballos podes ver no video? Con que ferramentas se realizan?
  • Hai moitos ou pocos traballadores?, por que?
  • Que tipo de agricultura reflexan esta imaxes: anterios ou posterior á revolución industrial?, por que?. Indica algúnha características deste tipo de agricultura
  • Cando comezou a cambiar este modelo de agricultura?
  • Por que cres que fan esa “procesión”?


Fragmento de La aldea maldita (Florian Rey,1942) Subido por Cliphistoria


sábado, 3 de diciembre de 2011