Título:
As rulas de Bakunin
Autor:
Antón Riveiro Coello
Editorial:
Galaxia (6ª edición-2010)

Coa
súa volta, o avó Estevo e a súa muller Cristal (personaxe que
representa o rol de muller avanzada para o seu tempo: fumaba
públicamente, non pisaba a Igrexa...) decidiron levar unha vida
independente dos tradicionalismos sociais que desvelou aos seus
veciños o seu pensamento anarquista e ateo, inaceptable para a
maioría; por esta conduta, tras a ditadura de Primo de Rivera serían
acusados de revolucionarios polo sacerdote do pobo.
Para
Camilo, a continua loita interior dos seus avós (para el a actitude
da súa avoa é unha protesta cara os prexuízos sociais tradicionais
e parécelle un acto de valentía digno de admirar) suponlle unha
infancia aberta a ese mundo revolucionario e antisistema que eles lle
amosan; herda o mesmo compromiso co ideal libertario e o progreso do
seu avó e as súas ansias de formar parte da resistencia dos montes
galegos durante a Guerra Civil custaranlle o ingreso no cárcere e
posterior exilio en Uruguay.
Trátase
dunha obra chea de reflexións acerca da ideoloxía anarquista do
protagonista e de alusións ao momento histórico no que se
desenvolve a acción. Considéroa apropiada e moi recomendable
para todos os públicos; mostra unha realidade que os nosos pais,
avós e bisavós viviron e unhas vivencias que os rapaces de hoxe
vemos moi afastadas e sen ningunha repercusión nas nosas vidas, sen
saber que o ocorrido hai cincuenta anos explica o por que do
funcionamento actual da sociedade e as razóns polas que hoxe podemos
considerarnos un país democrático.
Gracias
a obras como esta temos a oportunidade de coñecer dende un punto de
vista máis próximo e ameno os feitos políticos aos que alude
constantemente e que tanto condicionaron a vida da sociedade española
durante o século XX. Tendo un certo coñecemento de causa e
referencias tanto da propia familia como doutros medios a comprensión
da obra é moito máis sinxela; o autor preséntanos a situación que
nos levou á actualidade dende unha perspectiva cercana e íntima, de
xeito que os lectores podemos aproximarnos á idiosincrasia dos
personaxes e empatizar con eles.
Eva
Fernández Paderne – 2º Bacharelato