Título: Los girasoles ciegos.
Autor: Alberto Méndez.

Este libro paréceme unha obra de gran calidade e maestría en canto á
redación e capacidade de expresión de sentimentos e sensacións do autor. É
capaz de narrar con luxo de detalles emocións e pensamentos que claramente
invadiron a todos os que viviron a guerra, e que dende a actualidade podemos
supoñer e intentar comprender (aínda que nunca conseguiremos saber con certeza
o que foi vivir aquilo) pero que son moi difíciles de expresar sobre o papel.
Considero que se trata dun libro moi recomendable non só a nivel cultural
polo tema que trata da nosa historia como país senón a nivel persoal e
interior, polas realidades que pon de manifesto e que, por desgraza, hoxe
moitas persoas viven aínda que non o sintamos como unha dor propia porque non
nos afecta directamente.
É un libro non moi extenso pero si denso, que recomendo a todo aquel
interesado por coñecer un pouco máis sobre a Guerra Civil e sobre a historia do
noso país.
Eva
Fernández Paderne – 2º Bacharelato