TÍTULO:
Soldados de Salamina
AUTOR:
Javier Cercas
EDITORIAL:
Tusquets Editores

Este libro está dividido en tres partes diferenciadas. Na
primeira o autor, Javier Cercas, relata como coñeceu a historia grazas a unha
entrevista co fillo do protagonista, e como grazas á colaboración de diferentes
persoas reconstruíu a historia ao completo, entre esas persoas algúns dos que
axudaron a sobrevivir a Sánchez Mazas.
Na segunda parte é onde se relata a historia dende os
inicios de Sánchez Mazas como falanxista seguidor de José Antonio Primo de
Rivera ata o final da súa vida.
Na terceira parte regresa Javier Cercas desconforme coa
historia, encontrando un final colosal para o relato. Tras unha entrevista con
Roberto Bolaño descobre a un excombatinte, coñecido do escritor, que loitou na
Guerra Civil ou na Segunda Guerra Mundial. Este excombatinte resultou ser un
dos que se encontraban custodiando aos presos no mesmo lugar no que Sánchez
Mazas estivera recluído. Con esta parte Javier Cercas cambia totalmente o
enfoque do libro, pasando de contar a historia dun falanxista e escritor con moita sorte, a contar a historia de
persoas como o excombatinte que loitaron en guerras que iniciaron
personalidades como Sánchez Mazas e que sen ser coñecidas, sen ter esa fama
permanecerían vivos en historias coma estas.
Entre todas as personaxes que aparecen na novela, sen lugar
a dubidas o que máis me fascinou foi Miralles, o excombatinte que lle dá ao
escritor o final desexado para o libro. Miralles non é o que inicia a historia, nin o protagonista,
pero é unha persoa que transformou totalmente a forma que tiña de ver as
guerras e os participantes. Durante a entrevista que
ten Javier Cercas co propio Miralles, relata os seus inicios na Guerra Civil con un grupo de
rapaces da súa idade do mesmo lugar de orixe. Miralles conta como cada un
deles foron morrendo sen chegar a vivir unha vida, e sen ser recordados por
ninguén, excepto el, porque ao fin e ao cabo non tiñan a ninguén. Así Miralles
sentíase culpable por vivir e non estar con eles, recordándoos cada día da súa
existencia. Deste xeito Miralles fíxome preguntarme cantos máis haberá como ese
grupo de rapaces que non aparecerán nin como cifra nos libros de historia?
Sandra Calvo 2º BAC