miércoles, 7 de marzo de 2012

O GOBERNO PROVISIONAL E A CONSTITUCIÓN DE 1931



Despois de ver o vídeo e ler os documentos contesta
         (...) A revolución política, e dicir, a expulsión da dinastia e a restauración das liberdades publícas, resolveu un problema específico de importancia capital, ¡quen o dubida!, pero non fixo máis que presentar e enunciar aqueloutros problemas que han de transformar o estado e a sociedade españois ata a raíz. Estes problemas, o meu entender, son principalmente tres: o problema das autonomías locais, o problema social na súa forma máis urxente e aguda, que é a reforma da propiedade, e este que chaman problema relixioso, que é en rigor a implantación do laicismo do Estado con todas súas inevitables consecuencias. (...)
 Discurso de Manuel Azaña nas Cortes Constituíntes, 13-10-1931
  • Cales son as primeiras reformas que acomete o goberno provisional? 

Le o documento

Dereito e liberdade en todo e para todos (...) con excepción da Igrexa. (...). Dereito de reunión pacífica e de manifestación. Pero as procesións católicas non poderán sair dos edificios sagrados sen autorización especial do gonerno (...) Liberdade de cátedra e de ensinanza (...), pero imponse como obrigatorio o laicismo nas escolas oficiais e prohíbese ás ordes relixiosas o ensino (...).
         Sexa, polo tanto, pública e notoria a firme protesta e reprobación colectiva do episcopado polo atentado xurídico que contra a Igrexa significa a constitución promulgada.
Carta pastoral dos bispos españois nos que manifesta a súa postura ante a constitución de 1931
  • Por que o cambio da relación entre a Igrexa e o estado foi tan polémico? 
  • Indica as principais novidades da constitución de 1931 respecto a outras anteriores?

No hay comentarios:

Publicar un comentario