TITULO: Fontan
AUTOR: Marcos Calveiro
EDITORIAL: Galaxia
Fontán é unha novela biográfica e histórica que ten como protagonista un
ilustrado galego, o matemático e
topógrafo Domingo
Fontán (1788-1866), autor do primeiro mapa topográfico e científico
de Galicia.
Nesta novela cóntase a vida do protagonista desde o seu
nacemento en Porta do Conde ata a súa morte no balneario de Cuntis. Relátanse momentos
da súa infancia, de estudante en Compostela, de deputado en Cortes, de liberal que
loitou polo progreso e polo espallamento das ideas da Ilustración no noso país,
e do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo no que a ciencia comeza a abrirse camiño
fronte á sociedade do Antigo Réxime.
No libro hai unha
grande documentación histórica do século XIX: a loita contra os franceses, a
represión liberal, a loita do absolutismo contra a modernización do país..., un
período entre o reinado de Carlos IV e o isabelino, é dicir, o paso do Antigo
ao Novo Réxime.
Fontán paréceme un bo libro para mergullarnos na
historia, xa que imos vivindo co protagonista cada intre, cada sensación e cada
acontecer do seu tempo. O estilo, o léxico e a súa amenidade creo que son
idóneos para recomendar a súa lectura tanto a rapaces como a adultos. Animádevos
a lelo!
Sara Campos González
2º BAC

Con
el aprendes dunha forma máis amena a historia de España e daste conta de que
como a xente desa época vivíu esas etapas de desequilibrio político. Por outro
lado aprendes un personaxe moi importante para a historia de Galicia, que é
Domingo Fontán (ou eso me pasou s min) o cal fixo o primeiro mapa de Galicia.
Unha
das cousas que non me gustou foi que salta da época adulta de Fontán a época da
súa nenez, polo que a veces me custou entender ben algúns capítulos.
Un
dato importante para aquela xente que queira ler este libro é que antes de nada
ten que ter un pouco de coñecemento histórico para poder seguir a obra,xa que,se
non é así, é difícil de lelo e entendelo.
Esther Pérez, 2º BAC
Este é un libro
de Marcos Calveiro, no que se conta a historia de Domingo Fontán, que foi o
primeiro en facer un mapa topográfico de Galicia.
Este libro non me desgustou pero tampouco me
encantou. É un libro que precisa ter unha serie de coñecementos sobre a
historia de España no século XIX, xa que neste aparecen feitos da historia
española que non se entenderían sen o previo estudo da materia.
Gustoume a
maneira de engadir feitos históricos no libro xa que non o fai directamente,
senón que se ven a través da vida do protagonista. Este libro tamén che axuda a
comprender a situación na cal se atopaba España século XIX e permíteche ampliar
os teus coñecementos sobre a época.
Por outro lado,
máis ben no principio non me gustou a maneira de contar a historia, xa que
salta moitas veces de tema e da lugar a confusións na lectura. Un exemplo sería
o número de fillos que ten Fontán, no libro adiantase a os feitos e conta antes
os fillos que ten e máis tarde cóntase en maior detalle isto. Este dato levoume
a confusión xa que eu entendera que tiña 8 fillos pero en realidade tivo 7.
En resumo foi un
libro que me axudou a ver mellor o que estudara, polo que é recomendable lelo
pero precisa unha lectura pausada, xa que nalgúns casos como o que citei
anteriormente, pódete levar a engano. Foi un libro que en xeral me gustou.
Márgarita Vidal
Esta obra biográfica presenta a vida e
legado de Domingo Fontán, xeógrafo galego cuxa principal aportación á sociedade
foi a elaboración e promulgación do primeiro mapa de Galicia no século XIX.
A
obra representa fielmente a realidade sociopolítica que viven Galicia e España
durante finais do século XVIII e boa parte do XIX. A fin do reinado de Carlos
IV, as idas e vidas de Fernando VI e do absolutismo do poder e o inicio da
futura consolidación do sistema liberal xogan un papel importante na vida de
Fontán, liberal confeso que verá peligrar o seu traballo como catedrático e as
súas facilidades para proseguir o que para el é un obxectivo vital, ademais dun
importante servizo á sociedade, por mor da súa ideoloxía e da súa
intelectualidade.
Mediante
esta lectura o autor non só nos permite coñecer ao gran xeógrafo que foi
Fontán, senón a súa enorme cultura e formación en contraste coa ignorancia que,
segundo o personaxe, invade as universidades da época (ademais de ser un gran
científico e matemático tamén estuda Dereito)
e tamén o seu peculiar e pouco amigable carácter.
É
unha obra que reflexa unha ardua documentación por parte do autor e que,
ademais de contido biográfico, leva explícita unha extensa mostra da situación
política vivida na nosa comunidade e no resto e España no século XIX. Aínda que
pode non resultar unha lectura tan entretida como unha novela, é un bo medio de
coñecemento dunha importante parte da historia con gran detalle e contraste
político, social e cultural.
Eva Fernández Paderne – 2º Bac
Trátase dunha novela histórica escrita por
Marcos Calveiro. O seu persoaxe principal é Domingo Fontán que fixo o primeiro
mapa topográfico de Galicia.
Esta novela relata acontecementos da vida
de Fontán dende a súa infancia. Estudou en Santiago de Compostela e foi una das
persoas que defendeu e loitou polo progreso das ideas da Ilustración.
No libro aparecen sucesos do século XIX
como o paso do Antigo Réxime ao Novo ou
a represión dos liberais. Nesta época aparecen persoas importantes como
Carlos IV ou Isabel II.
Na miña opinión para poder comprender este
libro tes que ter una idea dunha parte da historia do século XIX. É una maneira
diferente de aprender mediante un libro de lectura e non por un libro de texto
ou apuntes, recomendo a súa lectura para alumnos do bacharelato e adultos.
Persoalmente, agradoume a lectura deste libro,
xa que a través do relato da vida do gran xeógrafo Fontán, cóntanos como era a
época na cal vivía e os numerosos acontecementos que ocorrían en España durante
o século XIX. Para poder entender o que nos conta este autor hai que ter un
coñecemento previo da materia, e do mesmo xeito isto permitiunos repasar boa
parte da materia dunha forma máis amena. A través da súa historia tamén aprendes
os numerosos desequilibrios que houbo na España da época e tamén o grande
atraso tecnolóxico.
O que menos me gustou do libro foi o comezo, xa
que a historia non era demasiado lineal e iso, descolocounos un pouco a todos e
provocou unha lectura menos levadeira. Pola outra banda, aínda que Fontán foi
una peza clave para Galicia, non me gustou a súa actitude, en xeral prepotente,
e o trato que lle da á súa muller,
En xeral foi un libro agradable de ler, que paga
a pena a súa lectura e recoméndollo ao resto dos meus compañeiros.
Ismael Ferreio Rodríguez
2ºBAC